Publicador de contidos
Publicador de contidos

O inspector dos Greco investigado polo alixo do Karar non testifica por estar de baixa

O inspector dos Greco investigado polo alixo do Karar non testifica por estar de baixa

A xuíza decide non suspender a vista e tómalles declaración a axentes que participaron no operativo policial que permitiu abortar o desembarco da cocaína en Galicia e a detención dos vinte e oito implicados

G24.gal 21/05/2024 14:03

Juan Carlos Carrión, o que fora inspector xefe do grupo Greco en Galicia e agora investigado por un xulgado de Murcia pola súa presunta implicación nunha operación de narcotráfico, non testificou, tal e como estaba previsto este martes, por estar de baixa médica.

Os avogados da defensa manifestaron o seu malestar. Pensan que cando se produza a declaración do policía que dirixiu esta operación quedará desvirtuada despois de escoitar o resto das testemuñas.

Porén, a maxistrada decidiu retomar a vista. O primeiro en declarar foi un dos axentes que participou no operativo policial que permitiu abortar o desembarco da cocaína en Galicia e a detención dos vinte e oito implicados no alixo do Karar. Relatou como foron as tarefas de vixilancia en diferentes vivendas e naves de Pontevedra, Cambados, Sanxenxo, Tomiño e Vigo.

A preguntas da Fiscalía o axente explicou a relación entre Juan Carlos Santorum, considerado principal líder do grupo e Fidel Fernández, o propietario do negocio de embarcacións que, presuntamente, achegaría a loxística para o desembarco da droga. 

Os feitos que se xulgan remóntanse a abril de 2020, en plena pandemia. Entre os acusados está tamén un funcionario de aduanas. O Ministerio Fiscal atribúelles delitos contra a saúde pública, pertenza a banda organizada e branqueo de capitais con penas que van entre os dez e os vinte anos de prisión. En sesións anteriores os membros da tripulación recoñeceron o transporte do alixo, o resto dos acusados negaron cometer delito ningún. Está previsto que a vista continúe na xornada do mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade