Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sánchez, ás xogadoras da selección: "España está orgullosa de vós"

Pedro Sánchez, ás xogadoras da selección: "España está orgullosa de vós"

O Consello de Ministros vai aprobar a concesión ás xogadoras da Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo

Frío saúdo de Pedro Sánchez a Luís Rubiales

Foto EFE
G24.gal 22/08/2023 10:59 Última actualización 22/08/2023 11:06

"España está orgullosa de vós", asegurou o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, ás xogadoras da selección española esta mañá durante a recepción que tivo lugar en Moncloa tras lograr o seu primeiro título de campioa do mundo ao impoñerse a Inglaterra o domingo na final disputada en Sydney.

Sen apenas tempo para descansar, tras a multitudinaria festa de onte á noite en Madrid Río, que se estendeu ata máis aló da 1:00 da madrugada, con rostros de cansazo, as internacionais e o corpo técnico que encabeza Jorge Vilda, a delegación, liderada por Luís Rubiales, presidente da Federación Española de Fútbol (RFEF) foi recibida por Pedro Sánchez, quen agradeceu "a todas, de corazón, en nome de España, o que fixestes, como o fixestes e como nos fixestes gozar".

Destacou tamén o frío saúdo de Pedro Sánchez a Luís Rubiales.

O presidente do Goberno en funcións, que recibiu unha camiseta asinada polas internacionais, resaltou que teñen o "eterno agradecemento da sociedade" que gozou e vibrou" coa selección por como o fixo no Mundial e "sobre todo co corazón" que puxeron para gañar a "grandes seleccións, a grandes equipos", "singularmente á selección inglesa nesa extraordinaria final".

Tamén anunciou que no Consello de Ministros que se vai celebrar hoxe mesmo vaise aprobar a concesión ás xogadoras da Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo que entrega o Consello Superior de Deportes (CSD) e a placa de ouro para o conxunto da selección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade