Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sánchez anuncia 800 millóns adicionais para o sector agroalimentario

Pedro Sánchez anuncia 800 millóns adicionais para o sector agroalimentario

O investimento está dirixido á transformación da industria, á mellora da xestión da auga e á modernización dos regadíos

G24.gal 11/05/2022 14:33

Tras a sesión no Congreso, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, acudiu a un acto co sector agroalimentario en Cidade Real. Alí foi recibido con berros e apupos por algunhas das persoas que agardaban no exterior do pavillón onde se celebra a Feira Internacional do Viño.

Pedro Sánchez anunciou un novo investimento de 800 millóns de euros para o sector agroalimentario. Súmanse aos mil millóns incluídos no Proxecto Estratéxico para o campo español, que segundo o Goberno terá un impacto de 3.000 millóns no PIB e creará 15.000 empregos.

"Amais deses mil millóns de euros destinados ao Proxecto estratéxico agroalimentario, queremos destinar outros 800 millóns adicionais, que se van poñer a disposición do sector para a transformación da industria, a mellora da xestión da auga e a modernización dos regadíos", explicou o xefe do Executivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos