Publicador de contidos

Paulina Buforn: "A nosa vantaxe foi comezar cedo a pretemporada e cambiar pouco o equipo"

Paulina Buforn: "A nosa vantaxe foi comezar cedo a pretemporada e cambiar pouco o equipo"

A xogadora do Porriño analizou a primeira vitoria como local nesta temporada

G24.gal 23/09/2023 11:15

Custou, pero finalmente o Porriño puido estrear o marcador de triunfos ante a súa afección derrotando claramente ao Xixón. Foi, ademais, a terceira vitoria da temporada, cimentada sobre todo no ataque de Sarai e Paulina Buforn. Esta última falou co Galicia en goles ao remate do encontro.

"Sabiamos que ían dar guerra porque son moi fortes. Era importante porque gañar supoñía dous puntos e mellorar a temporada pasada. Temos a vantaxe de comezar antes a pre-temporada e de que fixemos poucos trocos, e os que fixemos foron boísimos. Temos que saber aproveitalo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos