Cargando resultados...
Paula Prado arroupa o alcalde de Fisterra
Luís Insua chegou ao poder tras unha moción de censura en agosto
G24.gal
02/10/2025 17:31
A secretaria xeral dos populares galegos escenificou en Fisterra o apoio do partido ao novo alcalde do concello.
Paula Prado arroupou a Luís Insua, que recuperaba en agosto a alcaldía para o PPdeG tras prosperar unha moción de censura.
Prado salientou que as alcaldías lideradas polos populares son exemplo de estabilidade e capacidade de xestión.