Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paula Otero, cuarta na final dos 1.500 metros do europeo de natación

Paula Otero, cuarta na final dos 1.500 metros do europeo de natación

Paula Otero foi de menos a mais e finalizou cun tempo de 16 minutos, 18 segundos e 27 centésimas

G24.gal 16/08/2022 16:35 Última actualización 16/08/2022 16:38

Nos europeos de natación temos un fenomenal cuarto posto na final dos 1.500 metros para a galega Paula Otero.

A coruñesa abandonou os mundiais hai mes e medio por mor de problemas físicos asociados á covid. Con todo, reverteu a situación e realizou unha excelente final en Roma. Alí onde fora bronce como júnior en 2021.

Paula Otero foi de menos a mais e finalizou cun tempo de 16 minutos, 18 segundos e 27 centésimas, a 12 segundos da medalla de bronce pero un segundo mellor que hai un ano.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade