Publicador de contidos

Publicador de contidos

A española Tió logra un ouro histórico na final de só libre de natación artística

A española Tió logra un ouro histórico na final de só libre de natación artística

Tió impúxose á chinesa Fuxan Xu e á bielorrusa Vasilina Khandoshka

Foto EFE
G24.gal 22/07/2025 11:16 Última actualización 22/07/2025 11:21

A española Iris Tió proclamouse este martes campioa do mundo de só libre de natación artística no Mundial de Singapur 2025.
Tió impúxose finalmente á chinesa Fuxan Xu e á bielorrusa Vasilina Khandoshka, que compite baixo pavillón neutral, para dar a España o seu primeiro ouro nestes campionatos.

O equipo chinés fora ata este martes o gran dominador das probas de natación artística dos Mundiais de Singapur 2025. A nadadora catalá, de 22 anos, sumou unha nota de 245.1913, cunha puntuación de 112.9000 na impresión artística e 132.2913 na execución, por 110.0000 e 131.0025, respectivamente, da atleta chinesa que se viu superada por Iris, pois só alcanzou 241.0025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade