Patrick Sequeira, do banco do Lugo ao Mundial de Qatar con Costa Rica
Patrick Sequeira, do banco do Lugo ao Mundial de Qatar con Costa Rica
"É que ata a miña pel se ergue... A verdade é que foi algo moi emotivo, viñéronme recordos de todo o que loitara para entrar nesa lista"
O pasado 3 de novembro, o seleccionador de Costa Rica, Luis Fernando Suárez, facía oficial a convocatoria para o Mundial de Qatar.
Nesa lista aparecía o meta lucense Patrick Sequeira, que conta como viviu ese momento.
"É que ata a miña pel se ergue... A verdade é que foi algo moi emotivo, viñéronme recordos de todo o que loitara para entrar nesa lista e foi un momento moi bonito".
Un mes antes, Sequeira xa vivira outro episodio inesquecible. A súa estrea coa selección absoluta nunhas circunstancias especiais.
"Estaba quentando cos xogadores e no minuto oitenta, oitenta e un, expulsan a Esteban Alvarado que era o porteiro que estaba xogando, non? Entro e, lamentablemente, non puiden tocar balón porque nada máis saír, fixéronme gol".
Malia non estrearse na Liga, Patrick considera que estar no Lugo foi decisivo na chamada.
"O Lugo é un equipo que leva moitos anos en Segunda, competindo a bo nivel, e iso axuda bastante".
Para Sequeira, Catar converterase no seu álbum de recordos.