Cargando resultados...
Patricia Cabrera despídese do baloncesto despois de sete anos en Ferrol
A canaria, capitá do Uni, levaba no club desde 2015
G24.gal
31/05/2022 20:49
Despídese do Baxi e do baloncesto profesional a canaria Patricia Cabrera. Con trinta e un anos e despois de pasar as sete últimas campañas en Ferrol. Unha especialista nos tiros de tres cunhas excelentes porcentaxe de acerto. Chegou a disputar o concurso de triplas da ACB como convidada. Patricia Cabrera seguirá vinculada ao Baxi.