Cargando resultados...
Pasarón acollerá o partido entre España e Italia da Liga das Nacións feminina
Será o terceiro partido oficial das campioas do mundo no camiño cara aos Xogos de París e disputarase o 1 de decembro
G24.gal
13/10/2023 19:10
A selección española feminina xogará en Pasarón o vindeiro 1 de decembro diante de Italia. O partido pertence á UEFA Women's Nations League onde España compite e lidera o Grupo D, unha competición fundamental para que poida estar nos Xogos Olímpicos de París .
A Federación Galega apostou forte por traer á cidade natal de Tere Abelleira un dos dous compromisos. O outro irá ao campo de La Rosaleda en Málaga onde se xogará o España-Suecia (5 de decembro).
España lidera o seu grupo logo de gañarlle a Suecia (2-3) e de golear a Suíza (5-0) en Córdoba na ventá que se xogou no mes de setembro.