Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pasan a noite en vela vixiando para evitar novos roubos de cobre en Ferrol

Pasan a noite en vela vixiando para evitar novos roubos de cobre en Ferrol

Preocúpanlles tamén os roubos nas casas

Quéixanse da falta de vixilancia policial

G24.gal 19/07/2022 13:48

Un día máis, na parroquia ferrolá de San Pedro de Leixa, toca repoñer o cable de cobre roubado do alumeamento público.

Un veciño explica que onde vive el levaron o cable despois de repoñelo en só 48 horas.

Algún mesmo colleu os delincuentes na allada e alertou a Policía Local. Contan que xa se tomaron medidas, sen éxito, como substituír o cobre por aluminio.

Preocúpanlles tamén os roubos que está habendo nas vivendas. Séntense impotentes e indefensos. Todos eles se queixan da falta de vixilancia policial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade