Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pasa a disposición xudicial o detido polo crime do neno da Rioxa

Pasa a disposición xudicial o detido polo crime do neno da Rioxa

O home levaba ano e medio en liberdade condicional

Ten unha condena previa por agresión sexual e outra por violación e asasinato

G24.gal 31/10/2021 10:37

O home de 54 anos detido como suposto autor do homicidio do pequeno Álex, de 9 anos, en Lardero ( A Rioxa) o xoves pasado pasou este domingo a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Logroño, que instrúe o caso.

O detido, que estaba en liberdade condicional desde abril de 2020, saíu das dependencias da Garda Civil en Logroño, onde permanecía nos calabozos, custodiado nun vehículo con destino ao Pazo de Xustiza da Rioxa.

O detido estivo presente na inspección que se efectuou na súa vivenda. Durou algo máis de catro horas, nas que os investigadores recolleron mostras e trataron de reconstruír os feitos.

Francisco Almeida pasou case a metade da súa vida no cárcere. Primeiro por unha agresión sexual e despois por violar e asasinar unha muller. En 2013 empezaron a darlle permisos. Tivo 39, sen que constaran oficialmente incidencias. Agora levaba ano e medio en liberdade condicional e a veciñanza di que xa tratou en máis dunha ocasión de convencer pequenas para que o acompañasen á casa, coa escusa de ensinarlles uns paxaros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade