Partidos chave para Celta B e Pontevedra na 1ª RFEF
O Celta B visita Valdebebas este serán (17 h)
O Pontevedra recibe mañá o Mérida (19 h, G2 e G24)
O Celta B quere deixar atrás a polémica derrota da semana pasada ante Unionistas e volver ilusionarse coa posibilidade do ascenso.
Esta tarde xogan en Madrid, fronte ao Castela. Un dos mellores equipos do grupo. Segundo clasificado, con sete puntos máis cos vigueses. Na primeira volta xa gañaron en Vigo, 1-2, a pesares de que os celestes tomaran vantaxe con este golazo do León de Redondela, Miguel Rodríguez.
O Celta B xoga ás cinco. Ás sete será a quenda do Pontevedra. Os granates marchan penúltimos a catro da salvación e regresan a Pasarón despois de perde en Alcorcón. Mais na casa o saben que é outra cousa. Tres triunfos nos últimos tres partidos.
Señor insistiu no perigo nas transición do Mérida. Caras as pagou o Pontevedra no choque da primeira volta. A isto engadiremos o potencial de Sandoval na pelota queda. Capaz de marcar ata de córner como ben comprobou o Rácing de Ferrol.