O Parrulo derrota o Santa Coloma e accede ao Top 8 da liga (2-3)
Os de Gerard Casas vencen a un rival directo na loita pola permanencia e entran na zona nobre da clasificación
Exercicio de resistencia dos ferroláns na segunda metade
Importantísima vitoria do Parrulo na pista do Santa Coloma. Os ferroláns fixeron unha gran primeira metade onde abriron fenda no marcador cos goles de Puchi en propia porta e de Turbi.
E na segunda parte resistiron as arremetidas do equipo catalán que pronto reduciron diferenzas cun gol de Víctor Ramos. Pero nunha xogada de estratexia volverían a marcar os galegos cun disparo de Diogo Schlemper nunha xogada de estratexia. Xolrá anotaría un segundo gol para os de Santa Coloma que os volvía a meter no partido.
Restaban tres minutos que se fixeron eternos. Pero os de Gerard Casas defenderon á perfección a táctica de porteiro xogador e conseguiron tres sufridos puntos que os colocan nunha zona de privilexio na clasificación.