Luis Penido non pode defender o título europeo pola falta de apoios
O piloto compostelán non atopa patrocinadores suficientes para regresar ao campionato continental de montaña
Consello Superior de Deportes o catalogouno deportista de alto nivel
Luis Penido, xunto co seu equipo, toma a decisión de non defender o seu título no Campionato de Europa de Montaña tras non conseguir os apoios económicos necesarios para afrontar este novo reto con garantías. Cabe resaltar que a súa escuadra foi o primeiro equipo galego en alcanzar o título do Grupo 5.
"Moi ao noso pesar, esta tempada 2026 non poderemos pelexar por revalidar o título europeo de montaña que conquistamos o ano pasado"
"Fixemos todo o posible, pero o noso futuro vese condicionado polas circunstancias e a falta de suficientes apoios para afrontar este reto".
A renuncia chega días despois de que o Consello Superior de Deportes o catalogase como deportista de alto nivel.