Publicador de contidos

Publicador de contidos

Parreño: "Somos o Deportivo e a Copa é moi importante para nós"

Parreño: "Somos o Deportivo e a Copa é moi importante para nós"

O porteiro foi elixido "Xogar do mes de novembro"

Parreño deixa no aire a súa renovación

G24.gal 02/12/2025 19:59

Germán Parreño foi elixido mellor xogador do mes de novembro no Deportivo. O gardameta está a ser importante na serie de vitorias dos branquiazuis que lles permitiron volver ao máis alto da clasificación.

A vindeira cita será na copa e o cambio de competición motiva aos herculinos: "Somos o Deportivo e a copa é moi importante para nós. Afrontamos o partido coa máxima esixencia e sabendo que o Sabadell non é doado nin moito menos. Ata hai dous días era o único imbatido en Europa", apunta Parreño.

O cancerbeiro herculino explicou as claves do seu bo momento baixo paus: "Estoume a sentir moi arroupado por todo o equipo, pola defensa, dende o primeiro que defende ao último que ataca. A verdade é que estou contento e con ganas de seguir".

Parreño remata contrato o vindeiro mes de xuño pero a súa continuidade no club non é agora mesmo un asunto que lle preocupe: "O máis importante agora mesmo é o Sabadell e estamos tolos analizando o Sabadell. O que teña que ser benvido será"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar