Publicador de contidos
Publicador de contidos

Parralo non pode entender que o Estremadura "leve seis meses sen cobrar"

Parralo non pode entender que o Estremadura "leve seis meses sen cobrar"

G24.gal 13/11/2021 14:55

Borja Jiménez convocou todo o equipo para presentarse mañá en Riazor a defender o seu liderado. En principio non terán nin que vestir de curto por non teren rival. Os xogadores do Extremadura decidiron non viaxar á Coruña, en folga logo de sete nóminas impagadas e promesas incumpridas ao equipo que adestra o galego Manu Mosquera.

A incomparecencia do Extremadura suporá a vitoria do equipo coruñés por 3 a 0. Máis líder. E tres puntos de castigo a Extremadura. Unha circunstancia que afectará a toda a competición.

Entrementres o Rácing buscará gañar os puntos aló onde mellor se sente: calquera sitio lonxe da Malata. Con dificultades para gañar na casa, mañá visitará Talavera, vila natal do dianteiro David Rodríguez. Precisamente goles necesita o equipo ferrolán.

O Celta B recibirá mañá a mediodía o Valladolid Promesas. Buscando a vitoria que se lles resiste nas últimas 4 xornadas. Precisamente foi tamén ante un filial, o do Athletic, cando conseguiu o seu útlimo triunfo. O Valladolid B é antepenúltimo, pero en camiño de reacción: acaba de sumar 7 dos últimos 12 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos