Cargando resultados...
Parralo, na véspera de recibir o Zaragoza: "Non podemos cambiar a idea por unha derrota"
O adestrador do Racing valora o momento dun rival que só encaixou dous goles e que ten entusiasmada a súa afección
"Calquera partido desta categoría supón unha motivación máxima"
G24.gal
24/09/2023 14:33
O Racing pecha a xornada na Segunda División. Recibe o luns na Malata o Zaragoza. No último adestramento da semana, Cristóbal e os seus xogadores conxuráronse para ser os primeiros en derrotar o líder.
O partido de mañá está a provocar no técnico algunha que outra dor de cabeza. Con Chuca xa recuperado, unha das dúbidas é se seguir contando cun Héber en grande estado de forma ou volver ao equipo de principio de temporada.