Publicador de contidos

Publicador de contidos

Para Carvalhal, o Celta só precisa mellorar na eficacia cara a gol

Para Carvalhal, o Celta só precisa mellorar na eficacia cara a gol

Carvalhal: "Estaría máis preocupado se non temos oportunidades. Son 52 remates a portería nos tres últimos partidos"

Foto @RCCelta
G24.gal 19/01/2023 13:56 Última actualización 19/01/2023 14:05

O Celta xoga mañá ante o Mallorca, un dos equipos que fan un gran traballo defensivo. O técnico portugués está satisfeito coa capacidade de chegada do equipo:

"Estaría máis preocupado se non temos oportunidades. Son 52 remates a portería nos tres últimos partidos"

Sabe que ante o Mallorca terán menos ocasións e por tanto terán que estar máis eficaces cara á porta rival.

Carlos Carvalhal tamén se referiu ao mercado de fichaxes e á situación de Denis Suárez:

"Non sei que faría se fose Denis, non me gusta poñerme no papel dos outros".

"Pedinlles ao presidente e a Luís Campos centrarme no equipo e non desperdiciar a miña enerxía. Saben o que podemos buscar".

O adestrador celeste conta con todos os xogadores en plenas condicións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar