Cargando resultados...
Pancho Álvarez, músico: "Atopamos liras xa nos petróglifos da Idade de Bronce"
O disco 'Cordas históricas' fai un repaso cronolóxico das cordas da prehistoria a hoxe
Nel soan cítolas, zanfonas, violas de gamba, o organistrum, arpas, guitarra romántica, etc
G24.gal
14/11/2021 11:30
O disco que acaba de publicar Pancho Álvarez é un auténtico monumento que ben debera levarse ata as escolas. Chámase Cordas históricas e nel fai un repaso impresionante polos instrumentos de corda, desde a lira da Idade de Bronce ata unha guitarra eléctrica mítica, a Fender Estratocaster.