Cargando resultados...
Paco Olmos volve a Lugo logo da súa onerosa fuxida
Este domingo, o Burgos visita o Breogán co que fora técnico lucense ata o mes de xaneiro
G24.gal
29/03/2022 21:22
Lonxe queda aquel día de xaneiro en que o Burgos oficializou a chegada de Paco Olmos ao seu banco. Especulárase coa operación xa meses atrás. Ben é certo que a saída non foi doada para ningunha das partes implicadas.
Houbo un cruzamento público de acusacións entre o propio Olmos e o director xeral do Breogán Tito Díaz.
Este domingo ao mediodía, Paco Olmos volve ao Pazo, onde se reencontrará cun Breogán reforzado tras a vitoria no derbi. Non hai rancor, di Quintela. Só agradecemento e ganas dunha segunda vitoria na casa.
Un triunfo ante o Burgos permitirialles aos galegos miraren cara ao play off.