Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paco Olmos di que o Murcia é o equipo "de moda" da ACB

Paco Olmos di que o Murcia é o equipo "de moda" da ACB

G24.gal 29/10/2021 15:25

Paco Olmos, adestrador do Río Breogán, alertou do estado de forma do UCAM Murcia, ao que recibirá o domingo no Pazo dos Deportes de Lugo na oitava xornada da liga Endesa e ao que considerou o equipo "de moda" da ACB.

"Temos un reto ilusionante de loitar e competir pola vitoria ante o equipo máis en forma na ACB. Hai varios factores que o explican: repetir dez xogadores e adestrador é case un soño e Murcia conseguiuno; e por riba con dúas incorporacións como (Thaddeus) McFadden e (Chris) Czerapowicz; e polo seu estilo de xogo", comentou.

"Son o equipo de moda da ACB por baloncesto, por porcentaxes, por anotación e por ritmo", argumentou o preparador do Breogán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos