Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo Durán amplía o seu contrato co Celta ata 2028

Pablo Durán amplía o seu contrato co Celta ata 2028

A pasada tempada o Búfalo de Tomiño tivo un gran rendemento, asinando 6 goles e 6 asistencias entre a Liga e a Copa do Rei

G24.gal 06/04/2026 16:40 Última actualización 06/04/2026 18:21

Pablo Durán amplía a súa vinculación co Celta ata 2028. O dianteiro, natural de Tomiño, seguirá defendendo o escudo celeste durante polo menos dúas tempadas máis.

Desde a súa chegada ao Celta Fortuna en 2022, Pablo foi derrubando portas ata gañarse con todo merecemento un sitio no primeiro equipo. A súa traxectoria é o reflexo do esforzo, traballo e sacrificio que enchen de orgullo ao Celta e que pon o foco no talento da casa.

Na súa primeira tempada como celeste, debutaba en Laliga ante o Almería, pero non sería ata a pasada campaña cando se producía a súa irrupción definitiva na elite. O Búfalo de Tomiño respondía cun rendemento inmediato, asinando 6 goles e 6 asistencias entre LaLiga e a Copa do Rei.

Ao longo deste curso, o atacante deu continuidade a ese crecemento e xa acumula máis de 1.500 minutos, nos que suma 5 tantos e 2 asistencias entre LaLiga, Copa do Rei e Europa League. As súas calidades físicas e ambición deportiva convérteno nun xogador cunha gran proxección dentro do esquema de Claudio Giráldez.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos