Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oviedo-Lugo (18:30 h), duelo de equipos con problemas co gol

Oviedo-Lugo (18:30 h), duelo de equipos con problemas co gol

G24.gal 15/04/2023 13:39

O Oviedo mais o Lugo, os dous equipos menos goleadores de segunda, cítanse no Carlos Tartiere para mudar a súa falta de eficacia. Dous goles marcaron os asturianos nos seis últimos partidos, mentres que o Lugo leva tres sen anotar e só logrou tres nas catorce últimas xornadas. O encontro preséntase tan pechado como o da primeira volta no que se rexistrou un empate a cero.

Para Íñigo Vélez, "semella indicar que pode ser así. É verdade que o Oviedo saca moita rendibilidade os seus goles e a nós é o que nos gustaría".

Álvaro Cervera, adestrador do Real Oviedo, cre que "o Lugo, aínda que estea último na clasificación, nos últimos partidos que lle vin deixou a portería a cero, é un equipo rápido arriba".

De feito, Íñigo Vélez logrou catro empates, tres deles a cero, nos seus cinco partidos á fronte do Lugo. Uns resultados que, con todo, non deixan contento o técnico vitoriano. "Estou amolado porque como adestrador gustaríame sacarlle máis aos xogadores e ao equipo, díxenllo a eles, máis alá de que competimos, non perdemos, pero me gustaría mellorar os números e non hai máis".

O tempo esgótase para un Lugo que xa acumula catorce partidos sen gañar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos