Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outro mural de Lugo entre os mellores do mundo

Outro mural de Lugo entre os mellores do mundo

Unha obra de Rubén Paz, candidata á mellor peza de arte urbana no mes de agosto

Representa o Quixote e foi encargada polo que fora o seu colexio, o Cervantes

Félix Aragunde 09/09/2022 14:08

O cabaleiro da triste figura, do Camiño de Pipín, en Lugo, está a ser motivo de alegría para o seu autor, o artista Rubén Paz. Tamén para o que fora o seu centro escolar, o colexio Cervantes, que lle encargou este traballo plasmado en tres días na medianeira dunha casa. A obra é candidata a mellor mural urbano do mundo no mes de agosto.

José Antonio Castro, director do colexio Cervantes de Lugo: "Coñeciamos a súa obra e xa encargaramos dous murais. Cando rematou o último, propúxonos facer nesta medianeira un mural para dar a coñecer a súa obra e os donos dixeron que sen problema. E, tratándose do colexio Cervantes, que mellor que o Quixote e Sancho Panza".

O encargo está a ser motivo de orgullo para os seus promotores, que están pendentes de se acaba sendo nomeado o mellor mural do mes de agosto no ámbito mundial. Sexa cal sexa o resultado das votacións, aseguran que para eles non hai outro gañador.

"Seica ía moi ben nas votacións, en que estaba de terceiro. Na comunidade educativa botámoslle unha man. Para nós é o vencedor, porque é un orgullo ter aquí este mural e dun exalumno". 

Ademais do Quixote da entrada do colexio, o autor da obra realizou outros murais no patio, pensados para os máis pequenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade