Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense segue sen ter unha área pública de autocaravanas

Ourense segue sen ter unha área pública de autocaravanas

Lamentan que as cidades de Ourense e Vigo non teñan aínda unha área gratuíta para as autocaravana

É unha reclamación dos moitos turistas que adoitan chegar a Ourense nestes vehículos e tamén dos membros da Asociación de  Autocaravanas de Galicia

Din que é unha pena que non haxa este servizo nas zonas próximas ás termas onde adoitan aparcar estes vehículos

G24.gal 20/07/2023 14:39

Ourense é a única capital de provincia de Galicia que aínda non conta cunha área habilitada para as autocaravanas, unha reclamación dos moitos turistas que adoitan chegar á cidade nestes vehículos, 

 A falta dunha área pública de autocaravanas é unha das principais carencias turísticas da cidade de Ourense. E ademais aquí veñen cada vez máis autocaravanistas que adoitan aparcar en zonas coma esta, cerca das termas, neste aparcadoiro de Outariz ou tamén na zona do Tinteiro, moi cerca da Chavasqueira. Pero a xente que pasa aquí a noite bota en falta o servizo para encher o depósito de auga e  facer o baleirado das augas grises e negras que levan abundantes produtos químicos. 

É unha vella reclamación da Asociación de Autocaravanas de Galicia: que habiliten unha área pública en Ourense, onde hai unha gran demanda turística destes vehículos. 

Os que chegan coas autocaravanas para pasar a noite sorpréndense coa falta de servizos.

En Ourense, unha empresa está a punto de abrir unhas instalacións privadas na zona de Reza. Galicia conta con 180 áreas de autocaravanas, das 1.200 que hai en España. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar