Publicador de contidos

Publicador de contidos

Muxindo o futuro forma migrantes de África en granxas galegas para que traballen coas vacas

Muxindo o futuro forma migrantes de África en granxas galegas para que traballen coas vacas

Trátase dun programa impulsado por Naturleite e Cruz Vermellla para garantir o futuro das explotacións leiteiras e favorecer a integración no rural

As cinco persoas migrantes incluídas nesta primeira edición proceden do Senegal e de Malí

 

Muxindo o futuro é un programa da empresa láctea Naturleite
G24.gal 21/07/2025 22:00 Última actualización 21/07/2025 22:30

Amadi chegou dende Malí para aprender a traballar coas vacas nunha granxa de Lugo. É un dos cinco participantes do programa Muxindo o Futuro, que busca esa man de obra que tanto necesita a nosa gandería e tamén axudar á integración no rural.

Amadi sabe xa que todas as vacas teñen nome, pero aínda ten que aprendelos. De momento, coñece as vacas segundo o seu código, mirándolles a orella. Pero agora terá tempo de aprender os seus nomes, porque comezou un contrato laboral. 

Muxindo o futuro é un programa da empresa láctea Naturleite en colaboración coa Cruz Vermella. Ofrecen ás persoas migrantes unha formación teórica e mais unha formación práctica en granxas da provincia de Lugo. Contan que é un compromiso co futuro do sector, e que prevén facer máis edicións deste programa.

E Amadi e os demais xa traballan para traer algún día as súas familias dende Malí e O Senegal ata Galicia. E continúa o traballo con entusiasmo. Formación e esforzo. Ese compromiso co futuro do sector. Ese compromiso coa integración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade