Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense despide os festivais de verán co Our fest Xacobeo

Ourense despide os festivais de verán co Our fest Xacobeo

G24.gal 17/09/2022 21:42

Ourense tamén pecha a temporada de festivais de verán e faino ao grande.

O recinto feiral de Expourense leva desde as cinco desta tarde ateigado de apaixonados da boa música. Acolle o Our Fest Xacobeo. É a primeira vez que se organiza pero cun cartel do mellor que nada ten que envexar aos grandes festivais xa consolidados.

Aquí están presentes grupos dos máis queridos da musica independente a nivel internacional e propostas punteiras a nivel nacional.

Entre eles Julián Maeso, The Big Moon, Belle & Sebastian e Metronomy. E non só iso, varias sesións de dj que farán seguro que a festa non remate aquí ata ben entrada a madrugada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar