Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área sanitaria de Ourense achégase aos 300 casos activos

A área sanitaria de Ourense achégase aos 300 casos activos

O 50 % dos positivos de Ourense concéntranse na capital

G24.gal 13/11/2021 14:24

A área sanitaria de Ourense segue encabezando o número de contaxios das últimas dúas semanas e achégase aos trescentos casos activos. Sumou nas últimas horas 37 novos contaxios. Por terceira xornada consecutiva suma máis de 30 novos infectados facendo un total de 137 nos últimos catorce días. Así, os casos activos superan os 270. A área sanitaria de Ourense tamén encabeza o número de persoas hospitalizadas: 13 en planta e 3 na UCI.

O cincuenta por cento dos positivos na provincia de Ourense concéntranse na capital: 144 casos activos, seguida polo concello de Allariz, onde hai xa unha trintena.

"Nós estamos todos coa vacina, pero teño un neno pequeno, pode entrar na casa en calquera momento". "En Ourense non imos por bo camiño". "Hai que tomar medidas antes de que volva subir isto", comentan varios veciños da cidade.

Tamén é a área sanitaria de Ourense a que rexistra unha maior carga hospitalaria pola covid: 13 persoas en planta e 3 na unidade de coidados intensivos.

"Non me gusta nada o camiño que leva. Empezou a baixar e empezaron a quitar a máscara, pero iso é perigoso". "Pensan que a eles non lles vai pasar nada, pero o peor somos os máis vellos", sinalan dúas persoas.


Non estamos ante unha situación de transmisión comunitaria, subliñan os responsables sanitarios: son gromos localizados nos que os positivos, a maioría asintomáticos, van aflorando co rastrexo dos contactos, pero a tendencia crecente sitúa Ourense no nivel medio de risco.

 "Hai que ir con coidado e procurar non entrar en sitios moi aglomerados". "Coidarse moito e vacinarse", din dúas persoas pola rúa.

En plena festividade do San Martiño, cos magostos e concorridas actividades lúdicas e deportivas, as autoridades sanitarias apelan á responsabilidade individual: distancia, ventilación e uso da máscara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos