Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense C. F. e Ponferradina non atinan co gol no Couto (0-0)

Ourense C. F. e Ponferradina non atinan co gol no Couto (0-0)

O berciano Ferrer marcou no minuto 70 pero foille anulado por unha falta anterior cometida sobre o capitán ourensán Fran Carmona

G24.gal 29/03/2026 14:20

Non houbo goles no partido que xogaron no Couto o Ourense Club de Fútbol e a Ponferradina, que pasa ao quinto posto pero que perde unha gran ocasión para encamiñar a participación na fase de ascenso. O cadro ourensán mantense fóra do descenso pero coa auga ao pescozo. 

Estivo moi atinado o porteiro local Álvaro Ratón nun par de achegamentos da Ponferradina durante o primeiro tempo. O Ourense non gozou de grandes achegamentos pero reclamou con insistencia un penalti por un agarrón a Fran Carmona. 

O capitán tamén foi o protagonista nas dúas xogadas polémicas da segunda metade. O cadro ourensán marcou un gol pero Carmona cometera falta sobre o porteiro visitante, que tivo que ser substituído minutos máis tarde. No 70 foi Ferrer o que anotou para a Ponferradina, pero o gol acabou anulándose desta volta por unha infracción cometida sobre Carmona. 

O ritmo de ocasións baixou nos últimos minutos pero no engadido a Ponfe volveu a ter unha gran ocasión nun lanzamento desde a frontal que se estrelou contra o traveseiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade