Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Gilsanz vive unha situación que ten un precedente: Luis Rodríguez Vaz

Óscar Gilsanz vive unha situación que ten un precedente: Luis Rodríguez Vaz

Vaz pasou do filial ao primeiro equipo en dúas ocasións

G24.gal 05/11/2024 16:05 Última actualización 05/11/2024 16:12

Seguimos á espera de saber quen sentará no banco do Deportivo na próxima xornada co Eibar. Óscar Gilsanz vive unha situación cun precedente. Luis Rodríguez Vaz pasou do filial ao primeiro equipo en dúas ocasións.

Hai que se remontar trinta e sete anos atrás para atopar un adestrador do Fabril chamado a coller as rendas do Deportivo, como no caso de Oscar Gilsanz. Foi Luis Rodríguez Vaz, que o facía por segunda vez e con distinta sorte

"As situacións son moi similares".

Vaz fixo agromar dous talentos: os irmáns Fran e Xosé Ramón. Agora entende que, por preparación e coñecemento do club, Gilsanz é a día de hoxe o home idóneo para o banco deportivista.

"Seguro que o vai manter na categoría. E ao final que renove ou que regrese o Fabril".

Foi xusto o que lle pasou a el. Vaz volveu ao filial e fíxose cargo do primeiro equipo un tal Arsenio Iglesias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos