Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Óscar Gilsanz: "É un mercado complicado para o tema das incorporacións"
O adestrador do Deportivo asegura que o equipo está centrado no partido deste domingo
"Falei onte con Yeremay e está tranquilo e centrado no Burgos"
                            G24.gal
                        
                            17/01/2025 12:01
                        
                        
                                Última actualización 17/01/2025 13:48
                        
                        
                    
                    Óscar Gilsanz compareceu na conferencia previa ao partido deste domingo entre o Burgos e o Deportivo. O adestrador galego fixo fincapé nas dificultades para facer novas fichaxes: "Este é un mercado complicado para o tema das incorporacións". Por outra banda, asegurou que o equipo está centrado no encontro fronte ao Burgos, xa que para eles "o máis importante é o partido".
Gilsanz tamén falou sobre a situación e o estado de Yeremay: "Falei onte con el e está tranquilo". Ademais, afirmou que o xogador canario "está centrado no que se pode controlar, que é o partido".