Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Cano: "A distancia é excesiva entre o que conseguimos na casa e fóra da casa"

Óscar Cano: "A distancia é excesiva entre o que conseguimos na casa e fóra da casa"

Haberá desprazamento masivo de afeccionados do Deportivo a Salamanca

Foto @RCDeportivo
G24.gal 31/03/2023 13:09 Última actualización 31/03/2023 13:17

Óscar Cano compareceu en conferencia de prensa para falar sobre o partido co Unionistas de Salamanca.

O técnico destacou o traballo que están a facer todos os seus xogadores no día a día, pero recoñeceu que lle están gustando como están a saír as cousas e por iso non fai máis modificacións:

"Isto non é un grupo de Boy Scouts no que temos que estar todos felices e repartir os minutos".

Falou do baixo nivel que amosa o equipo lonxe da Coruña:

"Ser un equipo case imbatible como local, hai que engadirlle sacar algún outro punto como visitante".

"A distancia é excesiva entre o que conseguimos en casa e fóra da casa".

O técnico do Deportivo referiuse ao masivo desprazamento de afeccionados deportivistas a Salamanca.

"Ter a sensación de que estás nun pequeno Riazor sempre é positivo, con independencia de que se manifesten dunha ou outra forma que ten que ver co resultado".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade