Cargando resultados...
Os xogadores celestes lembran cun minuto de silencio a figura de Txetxu Rojo
O adestrador bilbaíno, que faleceu hai un días, dirixiu o Celta entre os anos 1990 e 1994
G24.gal
26/12/2022 15:44
O Celta retomou esta mañá os adestramentos tras o día de Nadal...e fíxoo..lembrando a figura de Txetxu Rojo. Foi a homenaxe do cadro actual cara a un adestrador que deixou pegada na afección celeste. Txetxu Rojo dirixiu o Celta durante catro temporadas, entre 1990 e 1994. 150 partidos que inclúen un ascenso a Primeira e a final de Copa do Rei do Calderón que se perdeu na quenda de penaltis diante do Zaragoza. Hoxe en Afouteza, os xogadores quixeron ter esta especial lembranza para Txetxu Rojo antes de iniciar o adestramento.