Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os viaxeiros de todas as comunidades menos Andalucía e Castela-A Mancha deben declarar a chegada a Galicia

Os viaxeiros de todas as comunidades menos Andalucía e Castela-A Mancha deben declarar a chegada a Galicia

Os viaxeiros procedentes dalgún dos lugares da listaxe deberán notificar a súa chegada aquí

G24.gal 28/12/2021 16:48

Todos os viaxeiros procedentes de calquera comunidade autónoma salvo Andalucía e Castela A Mancha deben comunicar á súa chegada a Galicia que proceden destes territorios. Así figura a listaxe de territorios de declaración obrigatoria, actualizado este martes a través dunha orde da Consellería de  Sanidade publicada no DOG.  

Deste xeito, ante o avance da sexta onda en plena época do Nadal, a relación amplíase a todas as comunidades do Estado coa excepción de Andalucía e Castela-A Mancha. Así mesmo, tamén se estende a medida aos viaxeiros que cheguen a Galicia desde calquera país europeo salvo aqueles que o fagan de Albania, Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Bosnia- Herzegovina, Bulgaria, Finlandia, Islandia, Italia, Letonia, Moldavia, Montenegro, Macedonia do Norte, Romanía, Rusia, Serbia, Turquía, Ucraína e O Vaticano.  

En América, a Xunta determina obrigatorio que comuniquen a súa entrada en territorio galego as persoas procedentes de Anguía, Barbados, Bonaire, San Eustaquio e Saba, Dominica, O Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Honduras, Illas Caimán, EUA, Nicaragua, O Salvador, O Paraguai, Venezuela, Haití, Nicaragua, Trinidad e Tobago e Xamaica.  

Ademais, a lista inclúe a todos os países do continente africano, as Illas Marianas do Norte (Oceanía) e unha vintena de Asia -Bangladesh, India, Irán, Iraq, Líbano, Palestina, as Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Iemen e Xordania-.  

Os viaxeiros que estivesen nalgún dos lugares da listaxe nos 14 días anteriores deben comunicar, nun prazo máximo de 24 horas, os seus datos de contacto e estancia en Galicia a través desta web ou do teléfono 881 00 20 21.  

A Xunta lembra que esta resolución, que entrará en vigor este mércores, 1 de decembro, será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade