Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os maiores poderán vacinarse da covid-19 nos centros de saúde e mesmo a domicilio

Os maiores poderán vacinarse da covid-19 nos centros de saúde e mesmo a domicilio

Nun primeiro momento a vacinación da cuarta dose de covid-19 farase nos hospitais

G24.gal 03/10/2022 16:04

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) permitirá aos maiores vacinarse do covid-19 nos centros de saúde na repesca.  

Así o sinalou este luns o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Nun primeiro momento a vacinación da cuarta dose de covid farase en grandes centros de vacinación masiva "para seguir tratando de preservar os centros de saúde", xa que co fin do verán espérase unha "recuperación importante" da actividade na Atención Primaria.  

Segundo el, o funcionamento dos vacinódromos está "contrastado", xa que Galicia está entre as taxas máis altas de vacinados de España e de Europa.  

A pesar diso, explicou que, se algunha persoa non pode asistir, na repesca permitirase a vacinación nos centros de saúde e mesmo a domicilio para aquelas persoas que non poidan nin saír das súas casas, como xa ocorreu en ocasións anteriores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade