Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños dos Mallos reclaman máis seguridade no barrio

Os veciños dos Mallos reclaman máis seguridade no barrio

Nas últimas 24 horas producíronse dous incendios en dous locais ocupados do barrio

Veciños len un manifesto durante a concentración
ana lois 01/12/2021 21:31

Os veciños dos Mallos, na Coruña, concentráronse esta tarde para protestar contra a inseguridade do barrio. Din que hai moita delincuencia e piden máis vixilancia.

No local ante o que protestan produciuse esta noite pasada unha pelexa que acabou nun incendio.

Non foi o único desta xornada. Hora e media antes desta concentración, ás seis da tarde, comezaba un incendio nun terceiro piso dun edificio na rúa Asturias coa rúa Noia.

Os veciños din que é unha vivenda ocupada. Tamén estaba ocupado ilegalmente o baixo que ardeu de madrugada. Neste caso a alarma saltou ás tres e media da mañá.

Os bombeiros tiveron que desaloxar o edificio. Horas despois, os veciños volvían ás vivendas, pero sen auga e sen luz. Na zona din sentirse inseguros. Esta semana houbo ademais un roubo, unha pelexa e un atraco.

Os veciños xa protestaron en varias ocasións pola inseguridade que din sufrir no barrio. Por iso piden máis vixilancia e medidas de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade