Os veciños desaloxados pola caída dun muro en Ourense tardarán tres meses en poder volver
Quéixanse de que a empresa de subministración do gas, responsable da obra en que se produciu o sinistro, non se puxese en contacto con eles
En Ourense, os veciños desaloxados ao caer o muro de contención do edifico sobre un patio escolar tardarán polo menos 3 meses en poder volver aos seus pisos.
Este mércores un topógrafo comezou a facer a medición xeotécnica necesaria para a construción do muro.
Mentres, no colexio reforzaron a oferta lúdica para compensar a falla de espazo de xogo exterior.
Aloxados en casas de familiares ou amigos, os afectados viven con incerteza a falta dunha data fixa para poder volver.
O proceso de reconstrución xa está en marcha.
Ademais dos danos no patio, o derrubamento causou outros prexuízos que están a ser avaliados.
Botan en falta que a empresa de subministración do gas, responsable da obra causante do sinistro, non se puxese en contacto cos afectados.