Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños de Coaxe, en Catoira, non queren unha pirotecnia preto das vivendas

Os veciños de Coaxe, en Catoira, non queren unha pirotecnia preto das vivendas

A medio quilómetro en liña recta das últimas casas levantaron a construción

O almacén está por riba das casas rodeado de monte sen limpar
G24.gal 07/07/2022 12:55

Os veciños din que van loitar ata o final. E afirman tamén que se senten enganados. Primeiro porque cando venderon a leira dixéronlles que era para a cría de cabalos de monte.

Despois souberon que ían construír un alboio para aveños e finalmente souberon que ía ser una almacén para produtos pirotécnicos. Ademais teñen medo de que a empresa amplíe as instalacións para facer un recinto moito máis grande. 

A medio quilómetro en liña recta das últimas casas levantaron a construción. Aí poderán almacenar de produtos pirotécnicos. Ata 6.000 quilos, segundo os veciños. Cren que o futuro pasa por unha ampliación do almacén para crear un taller.

Os residentes apuntan que se trata dunha actividade perigosa polo tipo de produto que se almacena; a localización non é a axeitada, xa que está situada nunha zona que frecuentemente sofre incendios durante ou verán e todo ou monte dá contorna dispón dunha masa forestal carente de mantemento e limpeza. De producirse unha explosión, din, poderían verse afectadas as vivendas e os depósitos de auga da aldea.

"Os veciños non estamos de acordo porque é moi perigoso. Hai fontes, porque non temos traída do concello e a auga témola do monte. É perigo para todos, non só nos afecta a nós, tamén a Dimo a Catoira e imos ir recoller sinaturas a Paradela que xa nos dixeron que tiñamos o seu apoio. Primeiro dixeron que era un alboio de aveños e cando lles deron o permiso puxérono para outra cousa. Enganáronnos".  

"O día antes, o xoves, díxonos o alcalde que el traballaba para os veciños e ao día seguinte firmoulles o permiso. Non sabemos se está todo correcto, pero aínda que estea ben imos seguir adiante para que non vaia ata final, que non queremos aquí unha pirotecnia". 

Non están dispostos a quedar de brazos cruzados á espera de que o proxecto siga avanzando. Nese sentido, comezaron a recoller sinaturas, coas que apoiar varias peticións: que lles entreguen o expediente que obra no Concello, que se lles faciliten as datas en que se abriron os prazos de información pública por parte dos organismos implicados no trámite e datos sobre a actividade que solicitou a empresa.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar