Os veciños da Chavasqueira opóñense á instalación dun tanatorio preto da zona termal
Concentraranse o venres ás once da mañá na Praza Maior de Ourense para mostrar o seu rexeitamento
O proxecto de construción dun tanatorio na zona da Chavasqueira, en Ourense, botou a andar hai máis dunha década. Daquela os veciños xa mostraran a súa oposición e paralizouse, ata agora. O concello acaba de outorgarlle licenza aínda que, din, é un proxecto distinto, xa non inclúe crematorio e superficie edificable é moito menor. Así e todo a veciñanza segue considerando que non é o lugar máis axeitado pola súa proximidade a zona termal. Queren que o concello negocie coa empresa unha permuta de terreos para afastar a instalación das pozas.
O vindeiro venres levarán a cabo unha concentración de protesta na Praza Maior de Ourense para mostrar o seu rexeitamento.
Dende o concello afirman que o proxecto conta con todos os informes técnicos e xurídicos favorables polo que non poden denegarlle a licenza