Os turistas din que México se converteu nunha "zona de guerra"
A presidenta do país asegura que as forzas armadas teñen a situación controlada
25 militares e 8 sicarios morreron na operación en que foi abatido o Mencho Oseguera
Nunha comparecencia conxunta coa presidenta do país, Claudia Sheinbaum, o secretario de Defensa mexicano lembraba emocionado os caídos no combate librado o domingo contra os guerrilleiros do Cártel de Jalisco Nueva Generación.
"A operación foi un éxito", defendeu Ricardo Trevilla.
En canto trascendeu a morte de Nemesio Oseguera, líder do cártel, o caos desatouse na metade dos 32 estados mexicanos. Coches e camións calcinados cortando a circulación, negocios arrasados e columnas de fume elevándose en moitas cidades.
"Estas tiñan que ser unhas vacacións en paz", comentou unha turista norteamericana, "pero isto parece un escenario de guerra". "Vin un helicóptero do que asomaban por ambos lados homes armados con ametralladoras enormes", dixo estoutro visitante. "Só puidemos desexar que fosen dos bos e non dos malos".
Tan só en Puerto Vallarta, a cidade máis turística do país, arderon máis de 200 vehículos. Pero a presidenta mexicana insiste en tranquilizar a poboación. No areroporto de Puerto Vallarta esa tranquilidade relativa recupérase aos poucos grazas á presenza das forzas armadas mexicanas.