Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os trens a Madrid e Barcelona viaxan completos este domingo

Os trens a Madrid e Barcelona viaxan completos este domingo

A cifra de usuarios de tren achegouse ás de antes da pandemia

Renfe ofertou esta Semana Santa case dous millóns de prazas en toda España

G24.gal 17/04/2022 15:03

Os trens que conectan a estación de Santiago con Madrid entre hoxe e mañá van completos. Tampouco hai billetes para Barcelona este Domingo de Pascua no que para moitos as vacacións chegan á súa fin. Así o contan os viaxeiros.

Vin uns días á casa e volvo xa para Madrid.

Empezamos o luns somos de Castela-A Mancha, fixemos o Camiño, foi unha experiencia moi dura pero reconfortante.

Toca volver a Madrid á universidade e a ver como remata o curso.

As estacións ateigadas foron a tónica dunha semana Santa Santa na que a cifra de usuarios de tren se achegou ás de antes da pandemia.

É moi cómodo, en tres horas estás en Madrid

Estes días Renfe incrementou 79.500 prazas extra nos destinos máis demandados no AVE e longa distancia.

Mañá toca a volta á rutina e vai ser duro, porque a pasada foi unha semana de só tres días e volver a unha de cinco vai ser duro, pero é o que toca e desfrútase máis cando hai vacacións curtas.


Renfe ofertaba para estes días preto de dous millóns de prazas en toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade