Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os transportistas advirten: "Sen nós pode colapsar o país"

Os transportistas advirten: "Sen nós pode colapsar o país"

A Confederación Española de Transportes de Mercancías publica unha carta aberta en que lle piden a Raquel Sánchez que tome en serio o sector

G24.gal 12/11/2021 15:14

O pulso entre os transportistas e o Goberno recrúa cunha carta que o sector lle envía á ministra para advertir do impacto da folga anunciada para antes do Nadal.

A Confederación Española de Transportes de Mercancías publica unha carta aberta en que lle piden a Raquel Sánchez que tome en serio o sector, e advirten que sen os transportistas "pode colapsar o país". Sinalan que o incremento do prezo do combustible ameaza a supervivencia dun sector que teme tamén o pago de peaxes en autovías que estuda o Goberno. Os transportistas responden así ás palabras da ministra, que onte dixo que confiaba en chegar a un acordo e evitar a folga convocada entre o 20 e o 22 de decembro, xusto antes do Nadal.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade