Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballadores de Ence rexeitan as localizacións que propuxo Ribera

Os traballadores de Ence rexeitan as localizacións que propuxo Ribera

A ministra de Transición Ecolóxica falou das Pontes e Cerceda como posibles alternativas para a pasteira

G24.gal 19/01/2022 14:27

En Ence medra a preocupación entre os traballadores porque o Goberno mantén o traslado da fábrica aos municipios das Pontes ou de Cerceda.

Cun atraso de tres meses por parte do Goberno central para contratar o estudo que busque alternativas á colocación da pasteira, a última proposta da ministra preocupa os traballadores. Teresa Ribera desvelou o interese de Cerceda e As Pontes por albergar a factoría. 

Desde o Partido Popular de Pontevedra din que a marcha de Ence da comarca equivale ao peche da mesma e defende que a pasteira non contamina. 

Os traballadores apostan como única solución pola incorporación dos terreos ao porto de Marín. Apóianse no informe do Consello Consultivo, que avala a viabilidade xurídica desta opción. Desde a Asociación pola Defensa da Ría desbotan esta posibilidade. 

Os traballadores urxen de novo a que se retome a mesa de diálogo coas partes implicadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade