Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os tests de antíxenos continúan esgotados nas farmacias

Os tests de antíxenos continúan esgotados nas farmacias

A demanda multiplicouse por mil na última semana

G24.gal 25/12/2021 13:56

Colas por momentos nas boticas logo da cea de Noiteboa para facer un test de antíxenos. Pero en case todas están esgotados e o persoal farmacéutico non sabe cando vai dispoñer deles.

A alta demanda dos últimos días, que se multiplicou por mil, acabou coas existencias e mesmo fixo subir os prezos.  Este venres pagáronse as derradeiras a case sete euros a unidade.

As familias fixeron provisión antes do 24 de decembro. Ese aumento da demanda e os problemas de loxística, fabricación e transporte levan á situación de escaseza.

O que aínda hai nas farmacias é o test de cuspe pero, polo de agora, o seu uso está restrinxido a menores de entre cinco e once anos de idade.

Incluso Papá Noel, a personaxe do día, lembra a importancia de seguir coas probas diagnósticas, coa vacinación e con levar o pasaporte da covid onde é obrigatorio.

No mellor dos casos, e en función de como evolucione a pandemia, non será ata mediados de xaneiro cando se recupere a subministración normal de test de antíxenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos