Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os test de antíxenos para nenos entre 5 e 11 anos esgótanse nos primeiros días

Os test de antíxenos para nenos entre 5 e 11 anos esgótanse nos primeiros días

Este luns xa comezaron a dispensarse máis test nas boticas

Para solicitalo hai que presentar a tarxeta sanitaria do neno na farmacia

G24.gal 20/12/2021 14:11

A petición masiva de test de antíxenos puxo en apuros as farmacias estes últimos días, pero xa están volvendo recibir estas probas, que son de balde para nenos de entre 5 e 11 anos.

A iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia está a ter grande acollida entre as familias que acoden ás farmacias para solicitar un test de antíxenos para os cativos. Os primeiros comezaron a dispensarse o pasado sábado, e en moitas boticas xa non quedan.

Os problemas loxísticos supuxeron atrasos e limitacións nas entregas. Este luns, as farmacias xa comezaron a recibir novos lotes ante a alta demanda das familias. 

O aumento dos contaxios entre os cativos e a proximidade das reunións familiares polas festas do Nadal disparan a demanda. 

Para solicitalo é preciso presentar a tarxeta sanitaria na farmacia. A proba realízase na casa a través da saliva do neno, en caso de ser positivo hai que comunicalo ao Sergas para ser citados para unha proba PCR de confirmación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade