Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os TEDAX desactivan en Cambados unha granada da Guerra Civil localizada tras un incendio

Os TEDAX desactivan en Cambados unha granada da Guerra Civil localizada tras un incendio

O artefacto, unha granada de morteiro de 120 milímetros con catro quilos de TNT, foi retirado e destruído nun lugar seguro

A Garda Civil lembra que non se deben manipular obxectos explosivos e que hai que avisar sempre ao 062

G24.gal 22/10/2025 16:47

Un equipo TEDAX da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra desactivou un artefacto explosivo da Guerra Civil que apareceu tras un incendio nunha vivenda de Cambados.

O achado produciuse o luns, cando os bombeiros apagaban un pequeno incendio nun domicilio do municipio.

Durante as tarefas de extinción, atoparon entre os cascallos unha granada de morteiro de grandes dimensións e alertaron aos especialistas en explosivos da Garda Civil.

Os técnicos confirmaron que se trataba dunha granada de morteiro de 120 milímetros de calibre e 671 milímetros de lonxitude, con uns catro quilos de TNT, polo que o seu manexo representaba un alto risco.

Os TEDAX retiraron o artefacto e destruírono posteriormente nun lugar seguro.

A Garda Civil advertiu de que, ante o achado de calquera obxecto sospeitoso deste tipo, é necesario chamar ao 062 e non intentar nunca movelo nin manipulalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade