Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os sindicatos chaman á folga en Atención Primaria o próximo 26 de novembro

Os sindicatos chaman á folga en Atención Primaria o próximo 26 de novembro

Rexeitan o cambio de modelo do Sergas, ao considerar que "non responde ás demandas sindicais nin aos problemas estruturais do sistema"

Imaxe de arquivo dunha consulta (Europa Press) Imaxe de arquivo dunha consulta (Europa Press)
G24.gal 31/10/2025 15:36

As organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de Sanidade (CIG-Saúde, CSIF, CCOO e UXT) expresaron o seu rexeitamento ao modelo de reorganización da Atención Primaria que propuxo a Consellería de Sanidade na última mesa ao consideralo un plan "insuficiente, improvisado e carente de contido real". Anuncian mobilizacións e folga para o vindeiro 26 de novembro.

Concretamente, tal e como explican nun comunicado conxunto, esixíronlle á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas a retirada inmediata do documento 'Liñas de actuación de RRHH en Atención Primaria. Medidas', presentado na reunión da Mesa Sectorial do 17 de outubro.

Lembran que solicitaron a convocatoria dunha mesa para abordar cuestións "fundamentais" como o Plan de Ordenación de Recursos Humanos da Atención Primaria e o modelo asistencial dos sábados pola mañá, pero o documento presentado polo Sergas "non responde as demandas sindicais nin aos problemas estruturais do sistema".

"A situación da Atención Primaria en Galicia é crítica. O Sergas non pode seguir improvisando nin escondendo a falta de planificación detrás de documentos baleiros. O persoal da sanidade pública e a cidadanía merecen unha resposta seria e inmediata", demandan.

Ademais de esixir a retirada do documento, os sindicatos enviaron á Consellería un documento no que piden que se proceda á retirada da categoría de FEAP e se elabore un plan de reconversión das prazas actuais de FEAP en prazas de médico de familia, garantindo a continuidade laboral dos afectados e a cohesión do modelo asistencial de Primaria.

Datos por centros de saúde

Tamén que se lles fagan chegar os datos desagregados por cada centro de saúde e PAC, que permitan unha análise obxectiva da situación real da Atención Primaria; que a Consellería presente propostas concretas de actuación, diferenciando medidas a curto, medio e longo prazo, "de forma clara e desenvolvida".

Tamén que se faga unha análise das cocientes de persoal existente por categorías nos distintos centros en relación ao grao de desenvolvemento das competencias e das carteiras de servizos para abordar no Plan de Ordenación de RR. HH. o número de profesionais necesarios para a posta en marcha das carteiras de servizos en todos os centros.

Solicitan tamén que se aborde a situación da persoal da área administrativa de atención primaria, analizando as cargas de traballo existentes para que se doten do persoal necesario; e que se implementen as categorías profesionais necesarias para prestar unha asistencia sanitaria de calidade á poboación, "sen demoras".

Por último, piden que se devolva o concurso específico de especialidade de enfermería familiar e comunitaria, e que se negocie un plan plurianual de reconversión de prazas xerais de enfermeiro en prazas de enfermeiro especialista, tanto de familia como de pediatría, na atención primaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade