Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os sete túneles da autoestrada AP-9 estarán en obras durante 33 meses

Os sete túneles da autoestrada AP-9 estarán en obras durante 33 meses

Trátase de traballos de modernización e de adecuación á normativa de seguridade europea

O custo das obras é de 27,5 millóns de euros que se van afrontar con fondos públicos

G24.gal 14/12/2022 17:13

Os sete túneles que ten a autoestrada AP-9 ao ao seu paso polas provincias da Coruña e Pontevedra estarán con obras durante 33 meses. Trátase de traballos de modernización e, polo tanto, de adecuación á normativa de seguridade europea, que, por exemplo, se van centrar na mellora da sinalización, ventilación ou a instalación eléctrica.

O Ministerio de Transportes acaba de adxudicalos e vanse levar a cabo nos catro pasos que hai no treito entre Ferrol e A Coruña. Este, por exemplo, de Pedra do Couto, que teño ás miñas costas, é un deles, e tamén outros tres da área metropolitana de Vigo.

O custo das obras é de 27,5 millóns de euros, que finalmente se van afrontar con fondos públicos, despois de adiantar a concesionaria que, en caso de ter que aboalos ela, esixiría recuperar o investido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade