Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os servizos de emerxencias liberan unha persoa que sufriu unha saída de vía en Teo

Os servizos de emerxencias liberan unha persoa que sufriu unha saída de vía en Teo

Mobilizáronse ata o lugar os membros do GES de Padrón, que liberaron a vítima, que posteriormente foi atendida polo Servizo Urxencias Sanitarias de Galicia-061

GES de Brión GES de Brión
G24.gal 06/08/2026 07:58

Os servizos de emerxencias tiveron que excarcerar este mércores a unha persoa que sufriu unha saída de vía co seu vehículo na localidade santiaguesa de Teo. En concreto, segundo detallou o 112 Galicia, o sinistro produciuse á altura do quilómetro 6 da estrada DP-6502, na parroquia de Luou.

Foi un particular quen alertou a central de emerxencias pasadas as 16:30 horas, indicando que a persoa era incapaz de saír do vehículo polo seu propio pé, xa que o turismo quedara apoiado na cuneta sobre o lado do condutor.

Con estes datos, mobilizáronse ata o lugar aos membros do GES de Padrón, que excarceraron á vítima, que posteriormente foi atendida polo Servizo Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tamén acudiron ao momento axentes da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Boiro, o Servizo Municipal de Protección Civil e a Policía Local de Teo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade